Roubadas as chapas da última reunión do Celtas II e das vías de detrás do refuxio

Probablemente o mesmo(s) desalmado e ladrón que se levou recientemente as chapas das vías de detrás do refuxio, desmontou a reunión de saída do Celtas II. A gravidade de esta acción e dobre, pois para saír dende dita reunión aínda ai que facer unha trepada que pode poner en risco aos escaladores que fagan esta vía e atópense sen a reunión.
Lamentablemente temos que apuntar que a reunión non se ve dende a parte superior polo que é indubidábel que o ladron coñece a zona e é un escalador que accedeu con cordas.
Haberá que revisar se esta acción repetiuse noutras vías. Pregamos información a todos os escaladores que teñan algún dato sobre este tema.

Traballando na parede

Aproveitamos a primavera para realizar os traballos pendentes, que aínda son bastantes!
Tamén instalamos outro punto de rappel a esquerda da mitade da Marea Negra, onde Amalia e André teñen outro proxecto de vía plaqueira (agora toca limpeza).

IMG-20150531-WA0004

“Talamala” unha nova vía no Budiño

Equipada esta nova vía, proxecto e curre de limpeza do inesgotable Manolo de Lis, a dereita da Marea Negra, na que coincide nos seu primeiros metros. Consta de dous longos totalmente equipados con parabolts e reunións rapelables, cuxa graduación está aínda por cotexar (posible V+ e 6a). Está pensado equipar un terceiro longo de saída.

IMG-20150531-WA0006a